Bristol Britannia

Bristol Britannia
Tipopasaxeiros
FabricanteBristol Aeroplane Company
Deseñado porDr. Archibald E. Russell
Primeiro voo16 de agosto de 1952
Introducido1 de febreiro de 1957
Produción1952 - 1960
Unidades construídas85
VariantesCanadair CP-107 Argus
Canadair CL-44/Canadair CC-106 Yukon
Conroy Skymonster

O Bristol Type 175 Britannia foi un avión de pasaxeiros de medio a longo alcance británico fabricado por Bristol Aeroplane Company a partir de 1952 para voar ao longo do Imperio Británico. Durante o seu desenvolvemento perdéronse dous prototipos e os seus motores turbohélice demostraron ser susceptibles á formación de xeo nas súas entradas, polo que a súa entrada en servizo atrasouse mentres se buscaban solucións.

Cando rematou o seu desenvolvemento xa entraran en servizo reactores puros, e finalmente só se fabricaron 85 Britannia ata que a súa produción rematou en 1960. Porén, o Britannia está considerado un dos fitos no deseño de avións de pasaxeiros turbohélice e foi popular entre os seus usuarios. Foi coñecido como "o xigante susurrante" polo silencioso que era exteriormente e polo seu voo sueve, aínda que o interior non era tan tranquilo.[1][2]

Canadair mercou unha licenza para fabricar o Britannia no Canadá, producíndose outras 72 unidades de distintas variantes. Estas foron o alongado Canadair CL-44/Canadair CC-106 Yukon, e o enormemente modificado Canadair CP-107 Argus de patrulla marítima.

  1. Littlefield 1992, prefacio
  2. "Bristol Britannia 312 airplane pictures & aircraft photos - RAF Museums". web.archive.org. 2010-12-06. Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2010. Consultado o 2020-12-22.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy